Saquémoslle a lingua a Google!

Este 17 de Maio, Dia das Letras Galegas, queremos denunciar a actitude discriminatoria que Google ten cara a cidadanía galega e o noso idioma, que é vetado dos seus servizos publicitarios.
Nunca faltaron motivos para procurar alternativas a este xigante tecnolóxico (que é practicamente o creador da internet da vixilancia, que colabora activamente no xenocidio en Gaza e que ven de asinar un contrato co Pentágono para dar usos policiais e militares á sua IA, que ao mesmo tempo é alimentada por todos os seus servizos). Pero hoxe, desde este pequeno e precioso país, nós acrecentamos un mais: a normalización do galego na internet.


Por iso, escollemos esta data para vos achegar unha lista de servizos e provedores alternativos a todo aquelo que ofrece Google. Non é unha lista exaustiva, nen a mellor das listas, e con certeza haberá moitas alternativas excelentes en falta… por fortuna, hai un ecosistema dixital enorme á marxe dos xigantes tecnolóxicos estadounidenses! Mais é un ponto de partida válido para comezar a botarle a lingua a Google:

Google Search: DuckDuckGo, StartPage, Brave Search

Gmail: Proton Mail, Tuta Mail

Google Calendar: Proton Calendar, Tuta Calendar, Fossify Calendar

Google Authenticator: Aegis, KeePassXC, ProtonPass

Google Drive: Proton Drive, NextCloud

Google Play Store: F-Droid, Aurora Store, Obtainium

Android: GrapheneOS, LineageOS, /e/OS, Volla OS

Google Chrome: Firefox, Brave Browser, Tor Browser, DuckDuckGo Browser

Google Photos: Ente Photos, Immich

Google Meet: Signal, Brave Talk, Proton Meet, Jitsi Meet

Google Chat: Signal, Element

Google Translate: LibreTranslate

Google Docs: Proton Sheets, CryptPad

YouTube: PeerTube, PipePipe, Invidious

Google Maps: OpenStreetMap, Organic Maps, OsmAnd

Google Forms: LiberaForms, CryptPad, Framadate, LimeSurvey

Scroll ao inicio