Protexer criptograficamente un arquivo entre varias persoas, grazas ao esquema de Shamir
“Say Nothing”, de Patrick Radden Keefe (editada en portugués como “Não diga nada”, e en castelán como “No digas nada”) é unha apaixonante novela xornalística sobre o conflito do Norte de Irlanda. Narra feitos reais, e constrúese por volta dun grave erro na protección xornalística de fontes.





