Bitcoin é vulgarmente asociado a novos ricos, Lamborginis e criptobrós. Pero podemos e debemos ver o invento de Satoshi de outra maneira: como unha poderosa ferramenta para que os pobres e perseguidos do mundo podan protexer e transportar o seu aforro de maneira segura.
A xeración de galegos e galegas á que pertenzo -a que naceu na segunda metade do S.XX- é umha excepción histórica. A diferenza de todas as xeración precedentes, nós nunca vivimos unha guerra. Nunca tivemos que fuxir co posto, que marchar ao exílio, que atravesar océanos e fronteiras para recomezar de cero.
Pero esa non é a realidade da maioria da poboación mundial, e, por desgraza, nada asegura que as próximas décadas continúen a ser así para nós. Por un sesgo natural, proxectamos o futuro como esencialmente parecido ao pasado e o presente que sempre coñecimos. Pensamos que os nosos billetes sempre van valer, que o noso banco sempre vai responder, que nunca nada trastocará gravemente a nosa normalidade. Pensamos o mesmo que pensa todo o mundo uns anos antes de que estale unha guerra, de que haxa un “corralito”, de que unha crise profunda faga quebrar as institucións que parecían sólidas: “iso a min non me pasará”.
A realidade é que esas cousas pasan. Por isso, coñecer e utilizar ese invento que desde 2009 nos permite guardar e transportar os aforros de toda umha vida em só 12 palabras, vai ser algo cada vez mais valioso. Ese invento é Bitcoin, e a súa importancia é moitísimo maior do que un ollar superficial nos permite ver.
