As nosas charlas no esLibre 2026

Como relatamos no seu momento, este ano tivemos o honor e o pracer de participar no esLibre, o Congreso de cultura libre que desde hai ben anos se ven celebrando en diferentes localidades do Estado español, e que nesta ocasión tivemos o gusto de poder desfrutar na Galiza, en Melide, grazas ao traballo das asociacións Melisa e Galpon. Estes últimos veñen de presentar a inauguración dunha instancia propia de PeerTube, e a ela subiron xa os videos íntegros de todas as charlas impartidas no esLibre26: un tesouro para quen non pudestes asistir ao Congreso, ou simplemente para quen queredes volver ver ou descargar algunha das actividades!

Nós aproveitamos para importar aqui os vídeos das charlas coas que participamos:




Scroll ao inicio