FORMAMOS EN PRIVACIDADE DIXITAL
Traballas con datos sensíbeis? Queres evitar a censura ou a espionaxe informática? Ou, simplemente, decidiche recuperar o control sobre a túa vida dixital?


PROFESIONAIS E ORGANIZACIÓNS
Profesionais que traballan con datos sensíbeis necesitan manexar ferramentas de criptografía que lles permitan protexer a información dos seus clientes. Formamos profesionais e organizacións e axudámolas a implementar o nivel de seguranza mais alto.

FORMACIÓNS TEMÁTICAS
Ofrecemos cursos especializados para xornalistas, ONGs, investigadores… que necesiten comunicarse de forma anónima e segura, protexer a identidade das suas fontes, e garantir a disponibilidade e inviolabilidade das suas investigacións.

MENTORÍAS PERSONALIZADAS
Relizamos mentorías individualizadas (online ou presenciais) atendendo as necesidades e nivel de coñecimentos concretos de cada quen. Dirixidas a persoas que necesitan custodiar criptomoedas, navegar sen censura ou, simplemente, protexer a sua vida dixital.
Formación básica en privacidade dixital
- Credenciais de acceso e xestión de contrasinais
- Autenticación de software e prevención de malware
- Cifrado de datos locais
- Cifrado de comunicacións
- Borrado seguro de datos
- Anonimato e privacidade online: VPN e TOR
270 €
Autocustodia de Bitcoin e criptoactivos
- Comprensión básica de Bitcoin: a rede, nodos, mineiros, carteiras, enderezos, transaccións
- Exchanges vs Autocustodia
- Backups e seguranza dos fondos
- Anonimato con Bitcoin
- Stablecoins e tokens en Ethereum
300 €
Consultoría en privacidade e seguranza dixital
Temos longa experiencia en asesorar profesionais, individuos e organizacións para protexeren de maneira eficaz a sua vida dixital. Se traballas con datos sensíbeis, necesitas comunicarte de forma privada ou queres evadir calquera tipo de censura online, podemos resolver as túas dúbidas e proporcionarte orientación de maneira profesional e absolutamente confidencial.
Ponte en contacto con nós e solicita a tua consulta, tanto online como presencial.
30 € / media hora
Recupera o control sobre os teus datos persoais, financeiros ou profesionais
Somos expertos en facer que ninguén, absolutamente ninguén, acceda sen permiso aos teus datos. E dásenos moi ben explicar de forma simple e didáctica como xestionar datos sensíbeis de maneira segura e profesional.
Ofrecemos formacións adaptadas a todos os niveis de coñecemento previo, en materias como:
- Xestion informática da protección de datos sensíbeis e información confidencial
- Competencias dixitais e sensibilización para colectivos vulnerábeis
- Evasión da censura e anonimato na internet
- Autocustodia con privacidade, trading e xestión anónima de criptoactivos