Dispositivos blindados con criptografía
Pendrives e discos duros externos cifrados, para gardar a túa información persoal ou profesional coa seguranza de que ninguén sen o teu permiso poderá acceder a ela.


PENDRIVES E DISCOS EXTERNOS
Pendrives e discos duros externos cifrados con Veracrypt, o software open-source e multiplataforma de referencia en criptografía de datos. Para gardar as copias de seguranza do teu traballo e/ou a túa información e arquivos sensíbeis, coa garantía de que ninguén poderá aceder a eles.

CRIPTOGRAFÍA INVULNERÁBEL
Os datos son cifrados con tres camadas de criptografía, utilizando os algoritmos AES, Twofish e Serpent, cada unha con unha chave diferente de 256 bits. Nen o supercomputador mais avanzado do mundo, nen se quer a computación cuántica, é capaz de romper o cifrado destes discos.

MÁIS MEDIDAS DE SEGURANZA
Os nosos dispositivos incorporan un teclado virtual, para que non teñas que teclear o teu contrasinal en máquinas dubidosas. Tamén ofrecemos a posibilidade de configurar un volume cifrado oculto, no que os datos ficarían inaccesíbeis mesmo se a tua clave principal fose revelada.

Os teus datos sempre contigo, e só contigo
A criptografía ofrécenos a posibilidade de protexer a nosa información persoal coa mesma tecnoloxía e seguranza que a protexen os Estados e corporacións mais poderosas do mundo. Leva contigo o teu chaveiro de contrasinais e certificados, a tua carteira de Bitcoin ou os teus datos mais sensíbeis, coa garantia de que ninguén poderá aceder a eles. Veracrypt é o software de referencia no cifrado de datos locais, con resistencia probada a ataques de forza bruta e coa ventaxa de ser open-source, polo que o seu código pode ser auditado para comprobar a inexistencia de fallos ou portas traseiras (a diferenza do BitLocker de Windows ou o FileVault de Apple).

Fácil e seguro de usar, en calquer plataforma
Conectas o pendrive, executas Veracrypt, introduces o teu contrasinal, e gravas e les arquivos como o farías nun directorio corrente. Non é necesario instalar ningún software para traballar co teu dispositivo cifrado nun computador con Windows: os pendrives e discos preparados por bitnós xa teñen o aplicativo instalado. E se necesitas aceder aos teus datos cifrados nun computador Linux ou Mac, podes descargar e instalar Veracrypt en calquer plataforma, de forma gratuíta e segura, desde o seu site oficial: é software libre!

Medidas de seguranza frente ameazas extraordinarias
A única vulnerabilidade que teñen os dispositivos cifrados é a posibilidade de que alguén adiviñe o teu contrasinal. Para evitar que esto sexa feito mediante un keylogger, implementamos nos pendrives e discos duros un teclado virtual co que podes introducir o teu contrasinal coa maior seguranza. Ademais, ofrecémosche a posibilidade de configurar no teu dispositivo un espazo cifrado oculto, algo así como un dobre fondo criptográfico cuxa existencia é imposíbel de detectar, e que ficará oculto mesmo se che obrigan a revelar o teu contrasinal de Veracrypt.