
A maior privacidade co menor esforzo
Computadores co disco duro cifrado e unha instalación Linux coas ferramentas e configuracións de privacidade mais avanzadas.

A LIBERDADE DE LINUX
Linux é un sistema operativo recoñecido por ser a opción preferida por quen busca seguridade informática e privacidade robusta. A nosa instalación baséase en Linux Mint, unha das distribucións mais utilizadas e mellor desenvolvidas do ecosistema.

PRIVACIDADE DE PRINCIPIO A FIN
Os nosos computadores son inaccesibles para quen non teña a chave de descifrado do disco. Ademais, preparamos unha instalación cuidada das principais ferramentas e configuracións para que protexas os teus datos e as tuas comunicacións.

ATRACTIVA E AMIGÁBEL
Hai moito que Linux deixou de ser un terminal negro con letras brancas! A nosa instalación coida ao detalle a usabilidade e a estética, para que pasarte a Linux sexa un pracer. E se o necesitas, podes mesmo rodar Windows nunha máquina virtual!
Un computador para traballar, navegar, e comunicarte, con toda a liberdade de Linux, e toda a privacidade de bitnós.
Preparamos computadores cos máximos estándares en protección de datos, e unha configuración especialmente deseñada para protexer a túa liberdade e a túa privacidade.
Cifrado completo do disco
Os nosos computadores teñen o disco duro cifrado, o que significa que todos os datos, desde as aplicacións e os contrasinais até os documentos gardados (pasando polos logs do sistema ou os arquivos temporais), están protexidos de accesos non autorizados por un algoritmo matemático que ningún Estado nen cibercriminal é capaz de romper. É o portátil ideal para quen toma a serio a protección de datos, e non pode permitir que os datos cos que traballa caian en maos alleas.
Navegación segura, privada e anónima
Tres navegadores diferentes para abarcar todas as tuas necesidades. Firefox preparado cos mellores plugins e configuracións de privacidade, para o uso diario. Brave Browser por se prefires unha solución compatíbel con Chrome. E Tor Browser para evadir a censura e navegar de forma anónima. Ademais, podes configurar facilmente os teus clientes VPN.
Privacidade até no mínimo detalle
Todo o que queres e necesitas xa está instalado e configurado para que a tua privacidade e a seguridade dos teus datos deixen de ser unha preocupación. Xestor de contrasinais KeePassXC, Bleachbit para a eliminación segura de datos, VeraCrypt para a xestión de volumes cifrados, aplicativo de verificación OTP, Signal Desktop para comunicarte, Syncthing para sincronizar os teus dispositivos, OnionShare para compartir arquivos ou publicar webs baixo Tor…
Ademais, os computadores preparados por bitnós contan con USBKill, un sistema que, cando é activado, desliga e encripta o sistema inmediatamente ante alteracións nos portos usb. Isto permite traballar con pulseiras de seguranza que provoquen que o portátil sexa encerrado e encriptado se, por exemplo, estamos traballando con el nun lugar público e alguén no lo rouba.
Un universo de aplicacións libres
Os nosos computadores son máquinas para traballar e desfrutar libremente, e teñen ao alcance dun ‘clic’ un universo de aplicacións que se instalan de maneira segura e gratuíta. Para o tue lecer, os nosos PC traen preinstalado o reprodutor multimedia VLC, a plataforma para filmes e series Stremio, ou o frontend privado FreeTube. Para traballar, contas con básicos como a suite completa de LibreOffice, ou o Autofirma.
Privacidade e usabilidade aumentadas a través de máquinas virtuais
Os nosos computadores teñen instalado virt-manager, unha solución de virtualización que che permite crear e correr computadores dentro do teu computador. Verás que a mesma instalación feita por bitnós para o teu portátil físico, tela tamén disponíbel como máquina virtual, o que che permite facer probas, navegar ou traballar sen afectar o teus sistema anfitrión (e coa posibilidade que teñen as máquinas virtuais de eliminarse ou clonarse fácil e rapidamente). Se necesitas Windows ou outro sistema operativo, tamén podes instalalo como máquina virtual dentro do teu Linux.
