O Móbil máis seguro do mundo

Hardware Google, software libre

Criptografía forte de principio a fin

Privacidade por sistema

O teu móbil GrapheneOS: seguranza e privacidade robustas, mantendo toda a usabilidade de Android


GrapheneOS é un sistema operativo de código aberto baseado en Android, deseñado para maximizar a seguranza e a privacidade dos usuarios. Para quen toma en serio a protección de datos e a ciberseguranza, GrapheneOS emerxe como a solución mais robusta en telefonía móbil, conservando toda a experiencia de usuario do ecosistema Android.

Cifrado Fortemente Integrado

GrapheneOS implementa un cifrado completo de datos que asegura que a información almacenada no dispositivo sexa realmente privada. Isto inclúe cifrado total do sistema, o que significa que todos os datos, desde as aplicacións e os contrasinais até as fotografías, están protexidos de accesos non autorizados por un algoritmo matemático que ningún Estado nen cibercriminal é capaz de romper.

Ademais, a opción “Duress password” permite manter seguros os datos do teléfono mesmo se somos obrigados a revelar o contrasinal, habilitando unha palabra-pase de emerxencia que, se for introducida, eliminará automaticamente toda a información contida no dispositivo.

Protección Contra Malware

GrapheneOS inclúe múltiples capas de protección contra malware e aplicacións maliciosas. O sistema manexa as aplicacións de forma que se minimizan os riscos de infectarse con virus, e garante que se unha app resulta infectada, non poderá danar outras nen o cerne do sistema. As aplicacións están completamente isoladas unhas das outras, e só poden acceder a permisos específicos (por exemplo localización ou contactos) con autorización previa, permitindo ao usuario un control total sobre que datos comparte.

Privacidade por deseño

Ao contrario do que acontece con Google, o modelo de negocio de GrapheneOS non é rexistrar e vender os hábitos e as preferencias dos seus usuarios. Este móbil, simplemente, non rexistra nen envía a ninguén os datos que xenera o seu uso. GrapheneOS desactiva o Identificador Publicitario que permite aos anunciantes rastrear e personalizar a publicidade que chega aos usuários de dispositivos Android. Ademais, o seu navegador Vanadium bloquea por padrón anuncios, cookies e scripts de terceiros.

Suite coas mellores Aplicacións de Android

GrapheneOS ven libre de Google, isto é, non trae instalado todo o bloatware nen as aplicacións por defecto con que a Google espía os seus usuarios. Porén, é perfectamente posible e fácil instalar calquera aplicación para Android, e mesmo manter en paralelo varias contas de usuario isoladas entre si (por exemplo unha con Google Play e aplicativos mais invasivos, e outra limpa deles).

A instalación de GrapheneOS que realizamos nós implementa por padrón as mellores ferramentas de software libre para Android, como por exemplo o mensageiro Signal, o gestor de contrasinais KeePassDX, o autenticador 2FA Aegis, o navegador Tor Browser, clientes de VPN OpenVPN e Wireguard, a aplicación de mapas e navegación OsmAnd, o frontend privado para vídeos PipePipe, ou as appstores F-Droid e Aurora Store.

Comunidade Activa e Actualizacións Continuas

GrapheneOS está desenvolvido por unha fundación profesional sen ánimo de lucro, e conta con unha Comunidade extraordinariamente activa dedicada á mellora constante do sistema operativo. A fundación GrapheneOS garante actualizacións frecuentes do sistema, conseguindo que o dispositivo sempre conte coas últimas funcionalidades e correccións de seguranza. As actualizacións son realizadas de forma transparente e non interrumpen a experiencia do usuario, o que permite que os dispositivos permanezan ao día sen complicacións.


Ven por el á nosa tenda, ou cómprao xa online

Scroll ao inicio