
DISPOSITIVOS ENCRIPTADOS
Se en papel o gardarías nun sobre ou nun caixón, en dixital debe estar cifrado. Preparamos computadores, discos e pendrives para facer que a tua información profesional, financeira ou persoal sexa completamente inaccesíbel a terceiros.

BORRADO SEGURO DE DATOS
Formatear un disco non é suficiente para facer irrecuperábeis os datos que foron escritos nel. Eliminalos de maneira efectiva antes de desfacernos de un dispositivo obsoleto, é unha exixencia legal para quen traballa con datos de carácter persoal.

PRIVACIDADE ONLINE
A “nube” ou o e-mail non son lugares seguros: son, simplemente, o servidor dun terceiro. Enviar datos sensíbeis a estes servizos pode comprometelos, e ser ilegal. Instalamos sistemas que permiten facelo mediante o cifrado local da información.
Protección técnica de datos para empresas
A lexislación en Protección de Datos é clara: profesionais da saúde, do dereito, sindicalistas, partidos políticos… deben protexer con criptografía os datos persoais que tratan no desenvolvimento da sua actividade. É algo que, por careceren de perfil técnico, evitan explicar moitas das asesorias que “che fan a protección de datos”, limitándose a prepararche uns cantos formularios legais nos que afirman que aplicas “as medidas técnicas e organizativas adecuadas para asegurar un nivel de seguranza adecuado ao risco” (Art. 32 RXPD), amiúdo sen saber ben o que isto significa.
En bitnós ocupámonos de toda a parte informática da Protección de Datos, para asegurarnos de que cumpres coa lei e, sobre todo, coa confianza dos teus clientes.
#PAQUETE PARA PROFESIONAIS E PEMES#

desde 250€
- Auditoría da seguranza dos tratamentos de datos que fai a tua empresa e das suas necesidades de cumplimento da Lei de Protección de Datos
- Implementación dos sistemas de cifrado necesarios para o tratamento e comunicación de datos pertencentes ás categorías especiais do Art.9 RXPD
- Memoria USB cifrada de 64 Gb, para conservación de backups
- Limpeza dos dispositivos nos que estiveron gravados datos persoais de forma insegura
- Formación do persoal na utilización do software instalado
Solucións específicas para necesidades concretas
A Protección de Datos non pode ser igual para todas as empresas e profesionais, porque nen son iguais os datos que tratan, nen os tratamentos concretos que realizan, nen os medios técnicos que utilizan para facelo. En bitnós analisamos gratuitamente as especificidades, necesidades e vulnerabilidades dos tratamentos dixitais de información que realiza a tua organización. Clica xa para obter unha auditoria de tratamento de datos, preenche o formulario e na maior brevidade porémonos en contacto contigo para realizar unha entrevista personalizada.
