Implementación de medidas técnicas, formación do teu equipo e certificación. Coida a confianza dos teus clientes, e gaña tranquilidade cunha protección de datos demostrábel.
‘Protexer’ os datos é iso: tomar medidas que aumenten a súa protección. En só 3 meses, os teus clientes poderán ter a tranquilidade de que os seus datos están en boas mans.
Primeiro Mes
Auditoría: Analisamos os riscos e as necesidades do teu tratamento de datos.
Instalación: Preparamos os teus equipos informáticos con ferramentas de criptografía para a conservación e o envío de datos sensíbeis. Utilizamos software de código aberto, que ademais de ser o estándar en seguridade permíteche utilizar indefinidamente as ferramentas instaladas sen ter que pagar licenzas.
Formación: Ensinamos todo o teu persoal a manexar correctamente as aplicacións instaladas, de forma clara e práctica. Podemos facer a formación presencialmente ou online.
Segundo Mes
Axuda: Desde que o equipo está formado, elaboramos un protocolo de protección de datos e deixamos aberta unha liña de soporte e resolución de dúbidas para a súa implementación. Acompañámoste nos primeiros meses da utilización das novas ferramentas e das novas maneiras de traballar.
Avaliación: Ao rematar o segundo mes, avaliamos contigo o proceso. Vemos se, efectivamente, os datos se están cifrando, e se non hai brechas nas novas técnicas de tratamento. Axudámoste a enfrentar as dificuldades que surxan e a correxir os erros que persistan.
Terceiro Mes
Avaliación: Ao rematar o terceiro mes, repetimos contigo o proceso de avaliación para garantir que os erros e as brechas quedaron definitivamente atrás.
Certificación: Entregámoste o certificado NÓS CIFRAMOS, que podes exibir na tua web e nos teus documentos e que outorga a nosa garantía de que tes implementados sistemas de criptografía robusta para protexer os datos dos teus clientes.
Ordena a túa Protección de Datos e reforza a confianza dos teus clientes cun sistema serio e demostrábel