Di aos teus clientes que os seus datos están a salvo
Distínguete por tomar en serio a protección dos datos dos teus clientes. Certificamos a utilización de ferramentas de criptografía forte para a protección de datos sensíbeis.
O certificado NÓS CIFRAMOS identifica aquelas empresas e profesionais que demostran unha correcta implementación das medidas técnicas e organizativas de protección de datos do Art. 32 RXPD, e concretamente a incorporación aos seus sistemas de ferramentas de criptografia.
Despois dun proceso de Auditoría, Instalación e Formación, a certificación NÓS CIFRAMOS ofrece aos teus clientes a garantía de os seus datos son inaccesíbeis en caso de perda, roubo ou acceso indebido aos dispositivos informáticos en que están almacenados.

PREPARAMOS A TÚA EMPRESA
Implementamos na túa empresa sistemas de criptografía para a protección de datos en repouso e en tránsito, e formamos o persoal na súa utilización.
OS TEUS CLIENTES VEN O CERTIFICADO
Entregámosche un certificado en varios formatos (para incluir na web, en redes sociais, en impresos de papel…) con un código de verificación.

NÓS GARANTIMOS A SÚA VALIDEZ
O código QR ou o link do teu certificado levan a unha base de datos xestionada por BITNÓS que dá garantía do grao de protección dos datos con que traballas.