Coñece, entende e utiliza Bitcoin de forma privada e segura
Resolve todas as túas dúbidas sobre a criptomoeda que cambiou o mundo para sempre
Prazo límite de matrícula: 19 de Outubro

Curso presencial
e online
O curso consta de duas sesións de 2 horas por videoconferencia, e unha xornada de 6 horas presencial en Cea (Ourense)
Grupo reducido
e trato directo
Non che ofrecemos un curso virtual mais: somos expertos que incidimos no trato persoal e no coñecemento directo
Autocustodia
e privacidade
A túa principal preocupación é que ninguén roube o teu aforro? Estás no lugar certo: somos especialistas en privacidade dixital
Incluido no curso!
A parte práctica do curso realizarase a través de DAB, un dispositivo de autocustodia e manexo de bitcoin preparado por BITNÓS, e que cada participante recibirá como agasallo. Eis as características técnicas de DAB:
- Pendrive USB 3.2 de 64 Gb cifrado.
- Sistema operativo Kali Live personalizado para o uso de Bitcoin con seguridade.
- Carteiras de autocustodia Electrum e Metamask.
- Conexión a internet a través de TOR.
PRAZAS MOI LIMITADAS. RESERVA A TÚA XA!
Próxima edición, 31 de Outubro!

- Xoves 29: sesión online, por videoconferencia, de 20:00 a 22:00
- Venres 30: sesión online, por videoconferencia, de 20:00 a 22:00
- Sábado 31: xornada presencial, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, en San Cristovo de Cea (Ourense)
Prazo límite de matrícula: 19 de Outubro
10 horas de formación clara e accesíbel

Coñecendo Bitcoin
Que é Bitcoin? Para que sirve? Que lle dá valor? Que necesidades cubre? Mitos e lendas sobre Bitcoin…

Entendendo Bitcoin
A tecnoloxía por trás de Bitcoin: como funciona a “blockchain”, minaría, enderezos, carteiras, transaccións…

Seguridade en Bitcoin
Cifrado, señas seguras, xeración offline de sementes, carteiras frías e quentes, principais perigos e como evitalos…

Uso privado de Bitcoin
Comprar e vender de forma anónima, onde e como gastar BTC, trocar por stablecoins e outras criptomoedas…
Prazo límite de matrícula: 19 de Outubro
Con este curso, aprenderás a…
Identificar e aproveitar as ventaxes que o mundo ve en Bitcoin
Comprar e vender bitcoin de forma anónima
Custodiar bitcoin de maneira segura e sen depender de terceiros
E, ademais, adquirirás un Dispositivo de Autocustodia de Bitcoin (DAB) que che permitirá xestionar as túas criptomoedas de forma segura e anónima!
Prazo límite de matrícula: 19 de Outubro



