Entrevista no Faro de Vigo sobre a Formación en Bitcoin
A iniciativa BITNÓS busca desmitificar o mercado das criptomoedas mediante un curso presencial e telemático centrado na autocustodia de activos e a privacidade dos datos
A iniciativa BITNÓS busca desmitificar o mercado das criptomoedas mediante un curso presencial e telemático centrado na autocustodia de activos e a privacidade dos datos
Bitcoin é vulgarmente asociado a novos ricos, Lamborginis e criptobrós. Pero podemos e debemos ver o invento de Satoshi de outra maneira: como unha poderosa ferramenta para que os pobres e perseguidos do mundo podan protexer e transportar o seu aforro de maneira segura.
É un feito que a mesma sociedade que se indigna coa especulación inmobiliaria, protexe o seu aforro directamente en bens inmóbeis, ou indirectamente en bancos e fondos que invisten no sector inmobiliario. E se parte da solución pasase por facelo utilizando o invento inmaterial, incensurábel e inconfiscábel de Satoshi Nakamoto?
“Say Nothing”, de Patrick Radden Keefe (editada en portugués como “Não diga nada”, e en castelán como “No digas nada”) é unha apaixonante novela xornalística sobre o conflito do Norte de Irlanda. Narra feitos reais, e constrúese por volta dun grave erro na protección xornalística de fontes.
Desde Galpón veñen de presentar a inauguración dunha instancia propia de PeerTube, e a ela subiron xa os videos íntegros de todas as charlas impartidas no esLibre26: un tesouro para quen non pudestes asistir ao Congreso, ou simplemente para quen queredes volver ver ou descargar algunha das actividades!
A todo o mundo lle parece normal ter a contabilidade persoal ou da empresa nunha folla de cálculo gardada no propio computador. Por qué non aplicamos a mesma lóxica a algo tan sensíbel como as nosas comunicacións?